Cicatriz en el tiempo #1 (Alauda Negra) 2021

A arrebatadora pulsión de imaxe de Jacobo Ameneiro (A Coruña, 1983) conformou en “Cicatriz no Tempo”unha acción extraordinaria: nas ruínas da casa familiar en construción decide proxectar, entre a recreación e o ensalmo, vistas do seu propio arquivo familiar. Neste xesto performativo, arrisca a condición de obxecto para a memoria destas fotografías pero consegue que emerxa un novo imaxinario, que nunha sorte de tradición electiva, lle dá un novo corpo non só a ruína física do fogar familiar, senón á trepidante desaparición dese tempo da comunidade que se esvae coa mesma velocidade que se multiplican as ausencias.

“Cicatriz no Tempo” confórmase así como un primeiro ensaio xeral dun proxecto vivo e aberto no que a densidade do arquivo se articula arredor da acción experimental do seu propio despregue en novos soportes e realidades. Con “Cicatriz no Tempo” asumimos a continxencia da memoria e asistimos a evidencia da súa viscosa alteridade.

Jacobo Ameneiro’s (A Coruña, 1983) image impulse produced an extraordinary action in “Cicatriz no Tempo”: in the ruins of the family house under construction he decided to project, between the recreation and the spell, views of his own family archive. In this performative sign, he risks the condition of object for the memory of these photographs but manages to emerge a new imaginary, which in a sort of elective tradition, gives a new body not only to the physical ruin of the family home, but to the hectic disappearance of that community time that fades with the same speed with which absences multiplies.

“Cicatriz no Tempo» is thus a first general rehearsal of a living and open project in which the density of the archive is articulated around the experimental action of its own deployment in new media and realities. With “Cicatriz no Tempo» we assume the contingency of memory and witness the evidence of its viscous altery.

3 € + (gastos de envío/shipping costs)

Compra o teu exemplar asinado en alaudanegra@gmail.com e contanos por che gustaría telo. >>>>>>

Buy your signed copy at alaudanegra@gmail.com and contact us why you would like it.