f.13 | Colección Somnámbulo Funámbulo

Tapas 1

Unha parte do todo

Na década dos 50, Luis Seoane publica en dous volumes, Libro de tapas (1953) e Segundo libro de tapas (1957), as cubertas que deseñara para a editorial Botella al mar, fundada en 1947 por Arturo Cuadrado e o propio Seoane. Nestas dúas publicacións, xunto con Figurando recuerdos, publicada polo selo Citania en 1959, que recollía as portadas elaboradas polo artista galego para a revista Galicia Emigrante, sintetízase a aportación de Seoane á época dourada da edición na Arxentina. A confluencia entre arte e deseño editorial, xunto co carácter recompilatorio que Luis Seoane transferiu a estes dous libros inspiran o proxecto TAPAS I. unha parte do todo, que reúne 94 traballos editoriais realizados por 76 creadores nacionais e internacionais, concibidos polos seus autores como pezas artísticas, nunha selección que inclúe obras dos galegos Rosendo Cid, Iván Nespereira, Jacobo Ameneiro e Xosé Lois Gutiérrez. A evolución do formato facilita deste xeito a construción da mensaxe que se quere trasmitir, reflectido nas descricións que galeristas, coleccionistas, artistas e particulares ofrecen dos seus libros, que se respectaron na exposición.

https://fabulatorio.org/publicacion/tapas-1/

Deja un comentario